Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.4.9 Para declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición

  1. En xeral  (períodos impositivos que finalizan o 31 de decembro)

    • Contía

      Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa minusvalía:

      • 88 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

      • 165 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 %.

      • 165 euros en caso de minusvalía psíquica de grao igual ou superior ao 33 %.

    • Requisitos e condicións

      • A base impoñible total non poderá superar os 52.800 euros no caso de tributación conxunta e os 33.000 euros no de tributación individual.

      • No caso de que o cónxuxes tributen de forma individual e teñan dereito á aplica­ción do mínimo familiar por descendentes, cada un terá dereito a aplicarse integramente a dedución.

        Tamén resulta aplicable a dedución pola discapacidade do cónxuxe, ao for­mar parte da unidade familiar, con independencia de que este último o aplique na súa propia declaración.

  2. Contribuíntes falecidos un día distinto do 31 de decembro

    • Contía

      Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa discapacidade:

      • 80 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

      • 150 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 %.

      • 150 euros en caso de minusvalía psíquica de grao igual ou superior ao 33 %.

    • Requisitos e condicións

      No caso de contribuíntes falecidos antes do 31/03/2022  a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non pode superar os 12.500 euros.

      Para os contribuíntes falecidos entre o 31/03/2022 e o 30/12/2022  a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non pode superar os 13.750 euros.

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá reflectir de maneira separada, en función do grao de discapacidade, o número de persoas polas que pode aplicarse a dedución na declaración do titular e o número de persoas polas que os diferentes titulares, poden aplicar a dedución en declaración conxunta.