10.5.5. Por trasladar a residencia habitual a outra illa do arquipélago para realizar unha actividade por conta allea ou unha actividade económica
Contía
Os contribuíntes que trasladen a súa residencia habitual desde a illa en que residan a calquera das demais illas do Arquipélago para realizar unha actividade laboral por conta allea ou unha actividade económica poderán deducir 300 euros no período impositivo en que se produza o cambio de residencia e no seguinte.
Requisitos e condicións
-
O contribuínte debe permanecer na illa de destino durante o ano en que se produza o traslado e os tres seguintes.
-
O incumprimento das condicións da dedución dará lugar á integración das cantidades deducidas na cota íntegra autonómica do exercicio en que se produce o incumprimento, cos correspondentes xuros de mora.
Límite
A dedución terá como límite a parte autonómica da cota íntegra procedente de rendementos do traballo e de actividades económicas en cada un dos dous exercicios en que sexa aplicable a dedución.
No suposto de tributación conxunta, a dedución de 300 euros aplicarase, en cada un dos períodos impositivos en que sexa aplicable a dedución, por cada un dos contribuíntes que traslade a súa residencia nos termos previstos no apartado anterior, co límite da parte autonómica da cota íntegra procedente de rendementos do traballo e de actividades económicas que corresponda aos contribuíntes que xeren dereito á aplicación da dedución.
Cando ambos os dous cónxuxes trasladasen a residencia a outra illa para realizar unha actividade, o límite da dedución en tributación conxunta calcúlase de forma conxunta para ambos os dous.
Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por un importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral e do aforro, e no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por un importe superior a 52.000 euros na súa base impoñible xeral.
Formalización
Se ten dereito á dedución deberá marcar o recadro habilitado con este fin.