Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.7.1. Por nacemento ou adopción de fillos

Contía

Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, sempre que xeren o dereito á aplicación do mínimo por descendentes.

  1. 100 euros no caso de parto ou adopción dun só fillo.

  2. 500 euros no caso de parto ou adopción de dous fillos.

  3. 900 euros no caso de parto ou adopción de tres ou máis fillos.

O que xera o dereito a cada unha destas deducións é o número de fillos en cada parto, non o número de nacementos durante o exercicio.

Requisitos

  • A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou de 36.000 euros en tributación conxunta.

  • Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do mínimo por descendentes establecidas na Lei de IRPF. Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á dedución respecto dos mesmos descendentes o seu importe ratearase entre eles por partes iguais. Se algún deles non cumpre o requisito anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes.

Formalización

A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".