Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.8.4. Por cantidades doadas para o fomento da investigación, o desenvolvemento e a innovación

Contía

Os contribuíntes poderán deducirse o 15 % das cantidades doadas a:

  • As Universidades públicas da Comunidade.

  • As fundacións e a outras institucións cuxa actividade principal sexa a investigación, o desenvolvemento e a innovación

Límite

A base desta dedución xunta  as relativas á recuperación do Patrimonio Histórico, Cultural e Natural de Castilla y León, e ás doadas ás Fundacións de Castilla y León para eses fins, non poderá exceder do 10 %da base liquidable.

Este límite, que opera independentemente das deducións xerais por investimentos e donativos, é aplicado e controlado polo programa.

Formalización

Na xanela reflectiranse as cantidades doadas con dereito á dedución.