Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.8.7. Por alugamento de vivenda habitual para contribuíntes menores de 36 anos

Contía

O  20% das cantidades que o contribuínte satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual en Castilla y León, cun límite de 459 euros. A dedución será do 25% das cantidades satisfeitas, co límite de 612 euros, cando a vivenda habitual se encontre situada nun municipio ou nunha entidade local menor da Comunidade de Castilla y León que non exceda de 10.000 habitantes, con carácter xeral, ou de 3.000 habitantes, se dista menos de 30 quilómetros da capital da provincia.

A dedución só poderá ser aplicada polo contribuínte que figure como titular do contrato de arrendamento.

Requisitos

  • Que o contribuínte á data de devindicación do imposto teña menos de 36 anos.

  • Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non sexa superior a 18.900 euros en tributación individual nin a 31.500 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

Formalización

A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:

  • Importe satisfeito por quen figure como titular no contrato de arrendamento.

    No caso de matrimonio se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe, titular do contrato, poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento. As cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

  • Consignarase a clave 1 se a vivenda habitual está situada en calquera  municipio ou entidade local menor de Castilla y León que exceda de 10.000 habitantes ou que exceda de 3.000 habitantes se distan menos de 30 Km da capital de provincia. Para outros municipios ou entidades locais indicarase a clave 2.

  • Reflectirá o NIF do arrendador. Se este non reside en España e non ten NIF consignará o Nº de identificación do arrendador no país de residencia.

O programa trasladará os datos incluídos  ao anexo B.8 da declaración.