3.1.3. Outras rendas non sometidas ao imposto
Entre outras:
-
Rendas do traballo entra as que se encontran:
- Dietas e asignacións para gastos de viaxe nas condicións e cos límites establecidos regulamentariamente.
- Entregas que se exclúen por lei da consideración de retribución do traballo en especie.
- O 50% dos ingresos íntegros do traballo dos tripulantes de buques canarios cando cumpran determinados requisitos e condicións.
-
Subvencións da política agraria comunitaria e axudas públicas (D.A 5ª Lei 35/2006)
-
Non se integrarán na base impoñible do Imposto sobre a Renda, as rendas positivas derivadas das seguintes axudas:
- Axudas da política agraria comunitaria:
- Abandono definitivo do cultivo de viñedo.
- Prima do arranque de plantacións de maceiras.
- Prima de arranque de bananeiras.
- Abandono definitivo da produción leiteira.
- Abandono definitivo do cultivo de peras, pexegos e nectarinas.
- Arranque de plantacións de peras, pexegos e nectarinas.
- Abandono definitivo do cultivo da remolacha azucreira e da cana de azucre.
- Axudas da política pesqueira comunitaria: paralización definitiva da actividade pesqueira dun buque e pola súa transmisión para a constitución de sociedades mixtas en terceiros países, así como polo abandono definitivo da actividade pesqueira.
- Axudas públicas que teñan por obxecto reparar a destrución por incendio, inundación ou afundimento de elementos patrimoniais.
- A percepción de axudas ao abandono da actividade de transporte por estrada satisfeita polo Ministerio de Fomento a transportistas que cumpran os requisitos establecidos na normativa reguladora da concesión das devanditas axudas.
- A percepción de indemnizacións públicas, a causa do sacrificio obrigatorio da cabana gandeira, no marco de actuacións destinadas á erradicación de epidemias ou enfermidades. Esta norma só afecta aos animais destinados á reprodución.
- Axudas da política agraria comunitaria:
Renda que non se integrará na base impoñible:
Para o cálculo da renda positiva non gravada tera en contase tanto o importe da axuda percibida como as perdas patrimoniais producidas nos elementos patrimoniais. Se estas perdas fosen superiores ás axudas poderá integrarse na base impoñible a diferenza negativa. Se non existisen perdas, só se excluirá de gravame o importe da axuda.
- As axudas públicas, distintas das previstas no apartado anterior, percibidas para a reparación dos danos sufridos en elementos patrimoniais por incendio, inundación, afundimento ou outras causas naturais, integraranse na base impoñible na parte en que excedan do custo de reparación dos mesmos. En ningún caso, os custos de reparación, ata o importe da citada axuda, serán fiscalmente deducibles nin se computarán como mellora.
Non se integrarán na base impoñible deste Imposto, as axudas públicas percibidas para compensar o desaloxo temporal ou definitivo por idénticas causas da vivenda habitual do contribuínte ou do local en que o titular da actividade económica exercese a mesma.
- Non se integrarán a base impoñible, as axudas concedidas en virtude do que se dispón no Real decreto 920/2014, do 31 de outubro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas a compensar os custos derivados da recepeción ou acceso aos servizos de comunicación audiovisual televisiva nas edificacións afectadas pola liberación do dividendo dixital.
-
-
Rendas forestais (D.A. 4ª Lei 35/2006)
Non se integrarán na base impoñible do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas as subvencións concedidas a quen exploten predios forestais xestionadas de acordo con plans técnicos de xestión forestal, ordenación de montes, plans dasocráticos ou plans de repoboación forestal aprobadas pola Administración forestal competente, sempre que o período de produción medio, segundo a especie de que se trate, determinado en cada caso pola Administración forestal competente, sexa igual ou superior a 20 anos.
-
Ganancias non suxeitas
Polo seu período de permanencia a 31-12-96
- Estarán non suxeitas ao Imposto a parte das ganancias patrimoniais xeradas antes do 20 de xaneiro de 2006 derivadas de elementos patrimoniais non afectos a actividades económicas, cando a 31 de decembro de 1996 tivesen un período de permanencia superior aos que se indican a continuación (D.T. 9 Lei):
-
Máis de 10 anos (é dicir, adquiridos antes do 31-12-86), se se trata de:
- Bens inmobles
- Dereitos sobre bens inmobles
- Valores representativos de participacións no capital social ou no patrimonio de sociedades e outras entidades cuxo activo estea constituído, polo menos en seu 50 por 100, por inmobles situados en territorio español, con excepción das accións ou participacións representativas do capital social ou patrimonio das Sociedades ou dos Fondos de Investimento Inmobiliario.
- Máis de 5 anos (é dicir, adquiridos antes do 31-12-91), no caso de accións admitidas a negociación nalgún dos mercados secundarios oficiais de valores.
- Exceptúanse as accións representativas de participacións no capital social de Sociedades de Investimento Mobiliario e Inmobiliaria, cuxo período de permanencia para estes fins deberá ser superior a 8 anos.
- Máis de 8 anos (é dicir, adquiridos antes do 31-12-88), para os demais bens ou dereitos.
-
Importante: Para o conxunto de todos os elementos patrimoniais aos que lles son de aplicación os anteriores coeficientes establécese un límite máximo de 400.000 euros con respecto aos valores de transmisión.
- As ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto con ocasión da transmisión de inmobles urbanos adquiridos a título oneroso a partir do 12 de maio de 2012 ata 31 de decembro de 2012 estarán exentas nun 50 %.
- As ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto na transmisión de elementos patrimoniais por contribuíntes maiores de 65 anos, sempre que o importe total obtido na transmisión destínese, no prazo de seis meses, a constituír unha renda vitalicia asegurada ao seu favor. A cantidade máxima que se poderá aplicar, para estes fins, na renda vitalicia será de 240.000 euros.
- Estarán non suxeitas ao Imposto a parte das ganancias patrimoniais xeradas antes do 20 de xaneiro de 2006 derivadas de elementos patrimoniais non afectos a actividades económicas, cando a 31 de decembro de 1996 tivesen un período de permanencia superior aos que se indican a continuación (D.T. 9 Lei):
-
Outras rendas
- As rendas que se poñan de manifesto no momento da constitución de rendas vitalicias aseguradas resultantes dos plans individuais de aforro sistemático a que se refire o D.A. 3ª
- As cantidades percibidas como consecuencia das disposicións que se fagan da vivenda habitual por parte das persoas maiores de 65 anos, así como das persoas que se encontren en situación de dependencia severa ou de gran dependencia a que se refire o artigo 24 da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, sempre que se leven a cabo de conformidade coa regulación financeira relativa aos actos de disposición de bens que conforman o patrimonio persoal para asistir as necesidades económicas da vellez e da dependencia.
- A parte da ganancia patrimonial derivada da transmisión da participación no capital das Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario (SOCIMI) determinada de acordo co que se establece na Lei 11/2009, do 26 de outubro, que regula este tipo de sociedades.
- Estarán exentas as axudas excepcionais por danos persoais en casos de falecemento e de incapacidade absoluta e permanente abonadas como consecuencia dos movementos sísmicos acontecidos o 11 de maio de 2011 en Lorca (Art.2 e art.12.8 RD Lei 6/2011).
- Estarán exentas as ganancias patrimoniais que se poñan de manifesto con ocasión da transmisión a partir do 8 de xullo do 2014 de accións ou participacións adquiridas polo contribuínte entre o 11 de xullo do 2011 e o 29 de setembro de 2013 de empresas de nova ou recente creación, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidas na disposición adicional trixésimo cuarta da Lei de IRPF.
- Non se integrarán na Base Impoñible do imposto as ganancias patrimoniais producidas pola percepción de axudas concedidas para compensar os custos nas edificacións afectadas pola liberación do dividendo dixital.
- Non estarán suxeitas ao imposto as axudas económicas que se concedan por gastos de enfermidade non cubertos polo Servizo de Saúde ou Mutualidade correspondente, que se destinen ao tratamento ou restablecemento de saúde.
- Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014 e exercicios anteriores non prescritos decláranse exentas as ganancias patrimoniais que deriven da transmisión por dación en pagamento ou en execución hipotecaria ou notarial da vivenda habitual do debedor ou do garante do debedor.
Estarán exentas desde que a ganancia sexa pola cancelación de débedas garantidas con hipoteca que recaia sobre a devandita vivenda habitual contraída cunha entidade de crédito ou outra entidade que, de maneira profesional, realice a actividade de concesión de préstamos ou créditos hipotecarios.
Cómpre que o propietario da vivenda habitual non dispoña doutros bens ou dereitos en contía suficiente para satisfacer a totalidade da débeda e evitar o alleamento da vivenda.
-
Non estarán suxeitas ao imposto a devolución derivada de acordos celebrados con entidades financeiras, en efectivo ou a través doutras medidas de compensación canda os intereses indemnizatorios que se puidesen percibir, das cantidades previamente satisfeitas en concepto de intereses pola aplicación de cláusulas de limitación de tipos de xuro de préstamos. (Clausula solo).
En todo caso, se as devanditas cantidades agora devoltas foron obxecto de dedución por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual, xa sexa dedución estatal ou autonómica, ou ben gasto deducible de rendementos de capital inmobiliaria ou de actividades económicas, deberá aplicar, na liquidación do imposto, as cantidades deducidas, sen calcular xuros de mora.
- As axudas excepcionais concedidas, nos supostos de falecemento e de incapacidade absoluta permanente causada directamente pola borrasca “Filomena”, de acordo co que se dispón no Real decreto-lei 10/2021, do 18 de maio.
- As axudas concedidas por danos persoais causados directamente polas erupcións volcánicas na illa da Palma conforme o que se establece no Real Decreto-lei 20/2021, do 5 de outubro, polo que se adoptan medidas urxentes de apoio para a reparación dos danos ocasionados polas erupcións volcánicas e para a reconstrución económica e social da illa da Palma.
- As concedidas en virtude dos distintos programas establecidos no Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións que hai que outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas; o Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, polo que se regula o programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e regúlase a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla; e o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.