3.3.4.Fraccionamento do pagamento (pagamento en dous prazos 60% e 40 %)
Domiciliación bancaria do pagamento
A domiciliación bancaria deberá efectuarse nunha entidade de crédito que actúe como colaboradora na xestión recadadora (banco, caixa de aforro ou cooperativa de crédito) sita en territorio español en que se encontre aberta ao seu nome a conta en que se domicilia o pagamento.
A domiciliación bancaria poderá realizarse desde o día 11 de abril ata o 27 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.
Non obstante, se se opta por domiciliar unicamente o segundo prazo a mesma poderá realizarse ata o 30 de xuño de 2023, inclusive.
Pagamento en dous prazos
Sen prexuízo da posibilidade de adiamento ou fraccionamento do pagamento prevista na lei Xeral Tributaria e desenvolvida no Regulamento Xeral de Recadación, o ingreso do importe resultante da autoliquidación poderase fraccionar, sen interese ou recarga algún, en dous partes: a primeira, do 60 %do seu importe, no momento de presentar a declaración, e a segunda, do 40 %restante, ata o 6 de novembro de 2023 inclusive. A falta de ingreso en prazo da primeira fracción determinará o inicio do perio4do executivo para o importe total autoliquidado.
Para gozar deste beneficio cumprirá que a declaración se presente dentro do prazo establecido e que no mesmo ingresásese o 60% da débeda tributaria resultante da autoliquidación. Non poderá fraccionarse, segundo o procedemento establecido no parágrafo anterior, o ingreso das autoliquidacións complementarias
Os contribuíntes que opten polo fraccionamento do importe da débeda tributaria poderán:
-
Domiciliar tanto o primeiro como o segundo prazo. Neste caso, o segundo prazo deberá domiciliarse na mesma entidade e conta en que se domiciliou o primeiro prazo.
A domiciliación poderá efectuarse desde o 11 de abril ata o 27 de xuño de 2023.
-
Domiciliar unicamente o pagamento do primeiro prazo. A domiciliación poderá efectuarse desde o 11 de abril ata o 27 de xuño de 2023.
Neste caso, o ingreso do segundo prazo deberá efectuarse por vía electrónica ou directamente en calquera oficina situada en territorio español destas entidades (Bancos, Caixas de Aforro ou cooperativas de crédito) ata o día 6 de novembro de 2023 inclusive mediante o modelo 102.
Non obstante, e sempre que se domiciliase o primeiro prazo, os contribuíntes poderán domiciliar o segundo prazo ata o 30 de setembro de 2023 inclusive.
-
Domiciliar unicamente o pagamento correspondente ao segundo prazo. Neste caso, a domiciliación deberá efectuarse nunha conta da entidade de crédito que actúe como colaboradora na xestión recadadora en que efectúe o ingreso do primeiro prazo. A domiciliación, poderá realizarse ata o 30 de xuño de 2023 inclusive.