Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

7.1.3. Rendas estimadas e operacións vinculadas

  • Rendas estimadas

    Presumiranse retribuídas, agás proba en contrario, as prestacións de servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo.

    A valoración das rendas estimadas efectuarase polo valor normal de mercado. Entenderase por valor normal de mercado a contraprestación que acordarían suxeitos independentes, agás proba en contrario.

  • Operacións vinculadas

    Con carácter xeral, no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas aplícanse as regras de valoración das operacións vinculadas nos termos previstos no artigo 18 da Lei do Imposto sobre Sociedades.