7.6.3.14. Operacións no mercado de futuros e opcións
Nas operacións realizadas nos mercados de futuros e opcións reguladas considerarase ganancia ou perda patrimonial o rendemento obtido cando a operación non supoña a cobertura dunha operación principal concertada no desenvolvemento das actividades económicas realizadas polo contribuínte, en cuxo caso tributarán como rendementos das devanditas actividades.
As ganancias ou perdas patrimoniais obtidas como consecuencia das citadas operacións especulativas, deben imputarse ao período impositivo en que teña lugar a liquidación da posición ou a extinción do contrato.