8.10.2. Solicitude de rectificación
Se declarou indebidamente algunha renda exenta do Imposto, computou ingresos por un importe superior ao debido, esqueceu deducir algún gasto fiscalmente admisible ou omitiu algunha dedución á que tiña dereito e, en consecuencia, considera que se produciu un prexuízo nos seus intereses lexítimos poderá instar a rectificación da autoliquidación.
O programa permite presentar a solicitude de rectificación mediante a opción que se habilita na propia Renda Web marcando o recadro 127.
Unha vez marcado o devandito recadro a declaración terá todos os efectos dunha solicitude de rectificación de autoliquidación.
Formalización
Terá que modificar a declaración presentada; para iso, deberá incorporar os datos que non introducise, modificar os erróneos e manter os datos consignados na declaración orixinaria que sexan correctos.
Se a solicitude de rectificación é sobre unha declaración conxunta deberá introducir as modificacións necesarias en cada unha das declaracións individuais, a continuación marcará a solicitude de rectificación na declaración conxunta e presentará esta última.
Adicionalmente, deberá marcar o recadro 127 da páxina 3 da declaración dentro do apartado "Solicitude de rectificación de autoliquidación" e cubrir os datos correspondentes á regularización.
Para tal fin, indicarase o resultado que hai que ingresar de anteriores autoliquidacións ou liquidacións administrativas correspondentes a este exercicio ou o importe das devolucións solicitadas como consecuencia da tramitación de anteriores autoliquidacións deste exercicio. Tamén deberá facerse constar no recadro o Número de xustificante da autoliquidación cuxa rectificación se solicita.
Os cálculos realízaos o programa.
Picando na icona "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará o resultado da solicitude de rectificación de autoliquidación e o número de conta en que solicita que se efectúe a devolución.