Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

8.2.2.6. Achegas anuais máximas e límite de redución

  1. Achegas anuais

    • O conxunto das achegas anuais máximas que poden dar dereito a reducir a base impoñible, incluíndo, se é o caso, as que fosen imputadas polos promotores, non poderá exceder de 1.500 euros.

      Este límite incrementarase en 8.500 euros, sempre que tal incremento proveña de contribucións empresariais, ou de achegas do traballador ao mesmo instrumento de previsión social por importe igual ou inferior á respectiva contribución empresarial.

      Con esta finalidade, as cantidades achegadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador terán a consideración de achegas do traballador.

      As achegas propias que o empresario individual realice a plans de pensións de emprego ou a mutualidades de previsión social de que, pola súa parte, sexa promotor e, ademais, partícipe ou mutualista, así como as que realice a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que, pola súa parte, sexa tomador e asegurado, consideraranse como contribucións empresariais, para os efectos do cómputo deste límite.

    • No caso dos seguros  colectivos de dependencia contratada por empresas para cubrir compromisos por pensións, establécese un límite adicional de 5.000 euros anuais para as primas satisfeitas pola empresa.
  2. Límite de redución

    Como límite máximo conxunto para as reducións anteriores, aplicarase a menor das cantidades seguintes:

    • O 30% da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas percibidos individualmente no exercicio.

    • 1.500 euros anuais.

      Este límite incrementarase en 8.500 euros, sempre que tal incremento proveña de contribucións empresariais, ou de achegas do traballador ao mesmo instrumento de previsión social por importe igual ou inferior á respectiva contribución empresarial.

      Con esta finalidade, as cantidades achegadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador terán a consideración de achegas do traballador.

      As achegas propias que o empresario individual realice a plans de pensións de emprego ou a mutualidades de previsión social, de que, pola súa parte, sexa promotor e, ademais, partícipe ou mutualista, así como as que realice a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que, pola súa parte, sexa tomador e asegurado, consideraranse como contribucións empresariais, para os efectos do cómputo deste límite.

      Ademais, 5.000 euros anuais para as primas a seguros colectivos de dependencia satisfeita pola empresa.

  3. Solicitude de redución

    Os partícipes, mutualistas ou asegurados poderán solicitar que as cantidades achegadas, con inclusión se é o caso, das contribucións do promotor que lles fosen imputadas, que non puidesen ser obxecto de redución na base impoñible por insuficiencia da mesma ou por aplicación do límite porcentual, séxano nos cinco exercicios seguintes.

    A solicitude deberá realizarse na declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que as achegas realizadas non puidesen ser obxecto de redución.

    A imputación do exceso realizarase respectando os límites establecidos na Lei do Imposto.