8.3.5. Mínimo por discapacidade
O mínimo por discapacidade será a suma do mínimo por discapacidade do contribuínte e do mínimo por discapacidade de cada un dos ascendentes e descendentes que xeren o dereito á aplicación dos devanditos mínimos.
Terán a consideración de persoas con discapacidade os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Mínimo por discapacidade do contribuínte
-
Con carácter xeral: 3.000 euros anuais.
-
9.000 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.000 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente
-
Con carácter xeral: 3.000 euros anuais.
-
9.000 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.000 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Comunidade Autónoma de Andalucía
O mínimo por discapacidade do contribuínte e o mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.130 euros anuais.
-
9.390 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.130 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Comunidade Autónoma das Illes Balears
O mínimo por discapacidade do contribuínte e o mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.300 euros anuais.
-
9.900 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.300 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Comunidade Autónoma de Galicia
O mínimo por discapacidade do contribuínte e o mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.129 euros anuais.
-
9.387 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.129 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Comunidade de Madrid
O mínimo por discapacidade do contribuínte e o mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.123 euros anuais.
-
9.369 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.123 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Comunidade Autónoma de La Rioja
O mínimo por discapacidade por cada descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.300 euros anuais.
-
9.900 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- a contía do concepto "gastos de asistencia" non se modifica polo que o incremento por cada descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento será de 3.000 euros.
Comunidade Valenciana
Os mínimos que se indican a continuación non serán de aplicación cando o contribuínte, o descendente ou o ascendente falecese antes do 28 de outubro. Neste caso, os mínimos serán os establecidos na Lei de IRPF.
O mínimo por discapacidade do contribuínte e o mínimo por discapacidade por cada ascendente ou descendente será:
-
Con carácter xeral: 3.300 euros anuais.
-
9.900 euros anuais cando se acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
En concepto de gastos de asistencia o mínimo aumentarase en 3.300 euros anuais, cando o contribuínte acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Normas de aplicación
-
Os ascendentes ou descendentes do contribuínte deben de xerar o dereito á aplicación do mínimo por ascendentes ou descendentes
-
Non procederá a aplicación do mínimo cando o ascendente ou descendente presente declaración polo imposto con rendas superiores a 1.800 euros.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación do mínimo o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación do mínimo corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais superiores a 8.000 euros anuais, excluídas as exentas, en cuxo caso corresponderá aos do seguinte grao.
-
As circunstancias que determinen a súa aplicación realizarase atendendo á situación existente na data da devindicación.