Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.1.6. Para contribuíntes con discapacidade

Contía 

Os contribuíntes que teñan a consideración de persoas con discapacidade terán dereito a unha dedución de 150 euros.

A consideración de persoa con discapacidade é a fixada pola normativa estatal do IRPF.

Requisitos

A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode superar os  25.000 euros en tributación individual ou os 30.000 euros en tributación conxunta.

Formalización

A dedución xéraa o programa automaticamente de acordo cos datos reflectidos na xanela de datos persoais e familiares e á contía da suma das bases impoñibles.