10.10.4. Por coidado de familiares con discapacidade
Contía
O contribuínte poderá deducir da cota íntegra autonómica 150 euros por cada ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %ou que estea xudicialmente incapacitado.
A partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, a referencia á incapacitación xudicial, esténdense ás resolucións xudiciais en que se establece a curadoría representativa das persoas con discapacidade.
O importe da dedución será de 220 euros para aqueles contribuíntes que tivesen recoñecido o dereito a percibir prestacións por dependencia sen que a 31 de decembro empezásenas a percibir.
Requisitos
-
O ascendente ou descendente con discapacidade debe convivir co contribuínte de forma ininterrompida polo menos durante a metade do período impositivo.
Cando dous ou máis contribuíntes co mesmo grao de parentesco teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dunha mesma persoa, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco respecto da persoa con discapacidade, a aplicación da dedución corresponderá ao de grao máis próximo.
-
A suma da base impoñible xeral e do aforro do contribuínte non pode ser superior a 19.000 euros en declaración individual, ou a 24.000 euros en declaración conxunta.
Para os contribuíntes con residencia habitual en municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes, as bases impoñibles xerais e do aforro non poderán superar os 28.000 euros en tributación individual e 45.000 euros en tributación conxunta (en caso de matrimonio é suficiente que un do cónxuxes cumpra co requisito de residencia nos devanditos municipios ou entidades). No suposto de familias numerosas residentes nos devanditos municipios ou entidades locais menores, non existirá ningún límite de bases impoñibles.
A residencia habitual determinarase conforme aos criterios establecidos na Lei de IRPF aplicandoos ao municipio ou entidade local menor.
-
Cando haxa máis dun contribuínte que conviva coa persoa con discapacidade, e só un deles reúne o requisito de límite de renda, este poderá aplicarse a dedución completa.
-
As rendas xerais e do aforro do ascendente ou descendente con discapacidade non deben ser superiores ao dobre do indicador público de renda de efectos múltiples, isto é: 16.800,00 euros (IPREM 2023 8.400,00 euros), incluídas as exentas nin teña obriga de presentar declaración de Patriminio.
-
Debe acreditarse a convivencia efectiva polos Servizos Sociais de base ou por calquera outro organismo público competente.
Formalización
Se tivo a súa residencia habitual nun municipio ou entidade local menor con poboación inferior a 3.000 habitantes e forma parte dunha familia numerosa marcará o recadro habilitado con este fin.
Se tivo a súa residencia habitual nos devanditos municipios ou entidades locais menores pero non forma parte dunha familia numerosa indicarao marcando o recadro correspondente.
Adicionalmente, deberá reflectir no recadro "Común" ou no recadro "Titular", conforme ao que se indica a continuación, o número de descendente ou ascendentes con discapacidade que dan dereito á dedución tendo en conta que o mesmo descendente ou ascendente só pode consignarse nunha dos dous recadros.
No apartado A) deberá indicar de forma separada, segundo as circunstancias que concorran nos descendentes, o número de descendentes con discapacidade que dan dereito á dedución.
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito aplicar a dedución reflectirá no recadro "Común" o número de descendentes que xeren o dereito á dedución.
Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual reflectirá no recadro "Titular" o número de descendentes que dan dereito á dedución indicando, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución por eses mesmos descendentes.
No apartado B) deberá indicar de forma separada, segundo as circunstancias que concorran nos ascendentes, o número de ascendentes con discapacidade que dan dereito á dedución.
En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito aplicar a dedución reflectirá no recadro "Común" o número de ascendentes que xeren o dereito á dedución.
Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual reflectirá no recadro "Titular" o número de ascendentes que dan dereito á dedución indicando, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución por eses mesmos ascendentes.