10.12.14. Por gastos derivados de arrendamento de vivenda
Contía
O 10% das cantidades satisfeitas no exercicio por gastos de conservación e reparación, formalización de contratos de arrendamento, primas de seguros por danos e impagos e obtención de certificados de eficiencia enerxética vinculados con tales arrendamentos.
O límite da dedución é de 154,65 euros anuais tanto en tributación individual como en conxunta e con independencia do número de inmobles arrendados.
Requisitos e condicións
-
A dedución só será aplicable respecto daqueles contratos de arrendamentos de vivenda que recaen sobre unha edificación habitable cuxo destino primordial é satisfacer a necesidade permanente de vivenda do arrendatario.
-
A dedución aplicarase polos gastos incorridos no exercicio aínda que o inmoble non estea arrendado desde que se acredite que o inmoble está en expectativas de alugamento; é dicir, que os gastos satisfeitos están dirixidos exclusivamente á futura posta a disposición do mesmo en réxime de arrendamento como vivenda.
Formalización
Consignará o importe satisfeito con dereito a dedución.