10.13.11. Por contribuíntes con discapacidade
Contía
Os contribuíntes que teñan acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %terán dereito a aplicar unha dedución de 120 euros.
Requisitos
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode ser superior a 19.000 euros tributación individual ou a 24.000 euros en tributación conxunta.
Formalización
A dedución xerarase automaticamente polo programa cando se cumpran os requisitos para ter dereito á mesma.