10.14.11. Por adquisición de vehículos eléctricos novos
Contía
O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición de vehículos eléctricos novos.
Esta dedución soa poderá aplicarse a un vehículo por persoa e no período impositivo no que se matricule o vehículo cuxa adquisición xera o dereito a aplicar a dedución.
Requisitos
-
Ten que tratarse de vehículos non afectos a actividades económicas do adquirente.
-
O importe de adquisición do vehículo non pode superar os 50.000 euros.
-
Os vehículos teñen que pertencer a algunha das seguintes categorías:
-
Turismos M1, vehículos concibidos e fabricados para o transporte de persoas, que teñan, ademais do asento do condutor, ata un máximo de 8 prazas.
-
Furgonetas ou camións lixeiros N1, vehículos para o transporte de mercadorías cuxa masa máxima non sexa superior a 3,5 toneladas.
-
Ciclomotores L1e, vehículos de dúas rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Triciclos L2e, vehículos de tres rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Cuadriciclos lixeiros L6e, que teñan unha masa en baleiro igual ou inferior a 350 kg. sen incluír a masa da batería, cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Cuadriciclos pesados L7e, que teñan unha masa en baleiro igual ou inferior a 400 kg. (550 se está destinado ao transporte de mercadorías) sen incluír a masa da batería, cunha potencia continua nominal igual ou inferior a 15 kw.
-
Motocicletas L3e, vehículos de dúas rodas sen sidecar cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
-
Categoría L5e, Vehículos de tres rodas símétricas cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
-
Bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.
-
-
Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorias M e N, relacionadas anteriormente ten que tratarse dalgún dos seguintes:
-
Vehículos eléctricos propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles fósiles alternativos homologados como GLP / autogas, GNC Gas natural comprimido, GNL/ Gas natural licuado ou bifuel gasolina-gas.
-
Eléctricos puros BEV
-
Eléctricos de autonomía estendida REEV, propulsados totalmente mediante motores eléctricos.
-
-
Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorías L e bicicletas eléctricas deberán estar propulsados exclusivamente por motores eléctricos e estar homologados como vehículos eléctricos:
-
As categorías L3e e L5e deberán ter baterías de litio cunha potencia igual ou superior a 3 kw/h e unha autonomía mínima de 70 quilómetros.
-
As bicicletas de pedaleo asistido deberán ter baterías de litio normalizado.
-
Base máxima da dedución
O importe máximo deducible por declaración será de 300 euros para os vehículos comprendidos nos apartados 1 a 8 e de 225 euros para as bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.
Formalización
Deberá incluír, dentro de cada categoría, o importe satisfeito na adquisición do vehículo.