10.15.33. Polas cantidades satisfeitas en tratamentos de fertilidade realizada en clínicas ou centros autorizados
Contía
100 euros.
Requisitos e condicións
-
A idade das mulleres ten que estar comprendida entre 40 e 45 anos ambos os dous incluídos.
-
Os tratamentos de fertilidade deben ser realizados en clínicas ou centros autorizados.
-
A suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro do contribuínte non sexa superior a 30.000 euros, en tributación individual, ou a 47.000 euros, en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
Límite
O importe íntegro da dedución soa será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 27.000 euros en tributación individual, ou inferior a 44.000 euros, en tributación conxunta.
Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 27.000 e 30.000 euros en tributación individual, ou entre 44.000 e 47.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:
-
En tributación individual o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 27.000)
-
En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 44.000)
Formalización
Se ten dereito á dedución marcará o recadro habilitado con este fin.