Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.3.11. Por gastos de descendentes en centros de 0 a 3 anos

Contía

  1. O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de gastos de descendentes, pagos en centros de cero a tres anos, co límite de 500 euros por cada descendente que non supere a citada idade.

  2. O 30% cun límite de 1.000 euros anuais para contribuíntes con residencia habitual en  concellos en risco de despoboamento.

Requisitos e condicións

  • Só terán dereito a esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible non resulte superior a 26.000 euros en tributación individual nin a 37.000 euros en tributación conxunta.

    Non obstante, para contribuíntes con residencia en concellos en risco de despoboamento os límites de base impoñible serán de 35.000 en tributación individual e 45.000 euros en tributación conxunta.

  • Se o menor cumpre os tres anos no exercicio, calcularanse de forma proporcional a dedución e o citado límite, ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

  • Os proxenitores, adoptantes ou titores ou acolledores teñen que convivir co menor.

  • Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación do beneficio fiscal, o importe da dedución ratearase por partes iguais aplicandose unicamente a aqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

  • A dedución deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás axudas percibidas no período impositivo procedente do Principado de Asturias asociada aos gastos xerados polo coidado de fillos de cero a tres anos.

  • Se o contribuínte aboase gastos por menores de 3 anos durante todo o período impositivo, residindo unicamente durante unha parte do ano nun concello en risco de despoboamento aplicarase a dedución atendendo ás circunstancias existentes a data de devindicación do imposto.

Incompatibilidade

A dedución será incompatible respecto dos mesmos descendentes coa  dedución "Polo coidado de descendentes ou adoptados de ata 25 anos de idade".

Formalización

Se tivo a súa residencia habitual en concellos en risco de despoboamento marcará o recadro habilitado para ese fin.

En calquera caso, deberá reflectir por cada descendente (o programa ten capacidade para incluír ata catro descendentes) o importe satisfeito que corresponde ao titular indicando, ademais, se o fillo convive ou non con ambos os dous pais.

Se o menor cumpre tres anos durante o exercicio indicará o número de meses transcorridos ata que os cumpre incluído ese mes. Neste , caso, os importes que terá que consignar serán os satisfeitos ata esa data.

Se percibise axudas asociadas a gastos polo coidado de descendentes reflectiraos no recadro correspondente.