10.3.18. Por adquisición de vehículos eléctricos
Contía
O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición de vehículos eléctricos novos “enchufables” e de pila de combustible.
Requisitos e condicións
-
A dedución será aplicable por un só vehículo por contribuínte.
-
O contribuínte deberá dispor do correspondente contrato de compravenda podendo aplicar a dedución só o contribuínte que figure no contrato.
-
A dedución non será aplicable a vehículos afectos ao desenvolvemento de actividades económicas. Polo tanto, se o vehículo se destine ao desenvolvemento dunha actividade non poderá dar dereito á dedución, con independencia de que esta actividade se desenvolva polo adquirente (ou por un dos adquirentes cando haxa máis dun) ou por un terceiro.
-
A base máxima da dedución será de 50.000 euros por vehículo. Se un vehículo se adquire por máis dunha persoa, a base máxima ratearase entre os adquirentes.
Esta base reducirase, se é o caso, polo importe das axudas públicas percibidas polo contribuínte para a adquisición do vehículo.
-
A dedución aplicarase no exercicio en que se incorra no gasto. Se se aboan cantidades en máis dun exercicio a dedución aplicarase en cada un deles polo gasto incorrido en cada exercicio.
-
Unicamente darán dereito á aplicación da dedución os vehículos novos pertencentes ás categorías descritas no anexo I, Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible, do Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas as comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía Española.
Formalización
Consignará o importe satisfeito que, conforme ao exposto anteriormente, dea dereito á dedución.
Adicionalmente, indicará o número de adquirentes e o número de matrícula do vehículo.