10.3.19. Polo coidado de descendentes ou adoptados de ata 25 anos
Contía
-
300 euros polo primeiro descendente.
-
600 euros polo segundo descendente e sucesivos.
Requisitos e condicións
-
O descendente ten que xerar dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
A dedución será igualmente aplicable ata que o descendente cumpra os 26 anos de idade, aínda cando non xere dereito á aplicación do mínimo por descendentes, sempre que cumpran os restantes requisitos definidos na Lei de IRPF para ter dereito ao mesmo.
-
A base impoñible non pode ser superior a 35.000 euros en tributación individual nin a 45.000 euros en tributación conxunta.
-
No período impositivo en que o descendente cumpra 26 anos a dedución calcularase de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos sen computar o mes en que cumpra 26 anos.
-
Os proxenitores, adoptantes, ou titores teñen que convivir co descendente.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á dedución, o importe ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles aplicandose unicamente a aqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible respecto dos mesmos descendentes coa dedución "Por gastos de descendentes en centros de cero a tres anos"
Formalización
A formalización realizarase no apartado a) e / ou no apartado b) segundo a idade dos descendentes tendo en conta que o mesmo descendente só se pode reflectir nun dos apartados.
No caso de matrimonio se os descendentes son comúns a ambos os dous cónxuxes e representan o mesmo número de orde para ambos os dous a formalización realizarase no recadro "Común". Noutro caso ou cando o cónxuxes optaron por unha captura de datos individual realizarase no recadro "Do Titular "indicando adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución.
No apartado a) reflectirá o número de descendentes de ata 25 anos. Se se trata do primeiro descendente consignará un 1 na columna "Común" ou " Do Titular ". Se se trata do segundo ou sucesivos o número de descendentes cubrirase na columna que corresponda á súa situación.
O apartado b) cubrirase cando os descendentes cumpriron 26 anos neste exercicio.
Se o descendente que cumpriu os 26 anos é o primeiro consignará o número de meses transcorridos ata o mes anterior ao cumprimento desa idade (11 meses como máximo).Se o descendente que cumpriron 26 anos son os segundos e sucesivos reflectirá a suma de meses de todos eles.