10.3.2. Por adquisición ou adecuación da vivenda habitual para contribuíntes con discapacidade
Contía
Os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %poderán deducir o 3% das cantidades investidas no exercicio na adquisición ou adecuación daquela vivenda que constitúa ou vaia a constituír a súa residencia habitual.
A dedución tamén será aplicable cando a discapacidade sexa padecida polo cónxuxe, ascendentes ou descendentes que convivan co contribuínte durante máis de 183 días ao ano e que non teñan rendas anuais, incluídas as exentas, superiores a 35 000 euros.
Requisitos e condicións
-
A vivenda debe estar situada no Principado de Asturias e a súa adquisición, ou se é o caso as obras e instalacións en que a adecuación consista deberán resultar estritamente necesarias para a accesibilidade e comunicación sensorial que facilite o desenvolvimiento digno e axeitado das persoas con discapacidade.
-
A necesidade da adquisición ou das obras e instalacións deberá acreditarse mediante resolución ou certificado expedido pola Consellaría competente en materia de valoración de discapacidade.
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes para un mesmo período impositivo, a base máxima da dedución ratearase entre eles por partes iguais. Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación da redución corresponderá aos de grao máis próximo.
-
Esta dedución é independente da dedución estatal por investimento en vivenda habitual.
Base da dedución
A base máxima da dedución será de 15.000 euros, tanto en tributación individual como na conxunta e estará consttituida polas cantidades satisfeitas durante o exercicio na adquisición ou rehabilitación da vivenda, incluíndose os importes destinados á amortización de préstamos hipotecarios.
Formalización
Consignará as cantidades satisfeitas polo contribuínte que dan dereito á dedución.
Se o cónxuxe, os ascendentes ou os descendentes cumpren os requisitos para xerar o dereito á dedución marcará o recadro habilitado con este fin.
Cando os ascendentes ou descendentes xeran o dereito á dedución a máis dunha persoa indicará o número de persoas con dereito á mesma.