Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.3.3. Por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual en concellos en risco de despoboamento

Contía

O 5% das cantidades satisfeitas durante o exercicio pola adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual situada en concellos en risco de despoboamento.

Esta dedución será do 10% cando a adquisición ou rehabilitación lévese a cabo por contribuíntes de ata 35 anos, así como polos membros de familias numerosas ou monoparentais.

Requisitos e condicións

  • O inmoble tense que destinar a constituír a vivenda habitual do contribuínte e o domicilio fiscal tense que manter no concello en risco de despoboamento durante polo menos tres anos.

    O concepto de vivenda habitual é o establecido na normativa de IRPF.

    Cando a vivenda teña a consideración de vivenda habitual malia non haberse residido nela un período mínimo de tres anos para poder aplicar a dedución cumprirá ter o domicilio fiscal durante tres anos no mesmo concello en risco de despoboamento. No caso de falecemento, a dedución resultará de aplicación nos exercicios previos (se é o caso) e tamén no de falecemento.

  • A base impoñible do contribuínte non pode exceder de 35.000 euros en tributación individual nin de 45.000 euros en tributación conxunta.

  • Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución polos mesmos bens para un mesmo período impositivo, a base máxima da dedución ratearase entre eles por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

  • Aos efectos da dedución, considéranse membros de familias numerosas aos contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, a data de devindicación do imposto, ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais.

  • Aos efectos da dedución considéranse membros de familias monoparentais os contribuíntes que cumpran os requisitos establecidos na dedución "Por familias monoparentais"

  • A acreditación documental dos gastos que xeren dereito a dedución deberá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito.

Base da dedución

A base máxima desta dedución será de 10.000 euros tanto en declaración individual como en conxunta e virá constituída polas cantidades investidas durante o exercicio na adquisición ou rehabilitación da vivenda incluíndose os importes destinados á amortización de préstamos hipotecarios.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible coa dedución "Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida".

Formalización

  • Reflectirá as cantidades satisfeitas con dereito á dedución.

    En caso de matrimonio e se o investimento corresponde a ambos os dous cónxuxes por partes iguais, indicarase o 50% das cantidades satisfeitas por ambos os dous.

  • Indicará o número de persoas con dereito á dedución.

  • Se forma parte dunha familia numerosa ou monoparental marcará o recadro habilitado con este fin.

  1. 10.3.3.1. Concellos en risco de despoboamento