10.3.4. Por arrendamento de vivenda habitual
O contribuínte poderá deducirse:
-
O 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual do contribuínte, cun máximo de 500 euros cando se cumpran os seguintes requisitos:
-
Que a base impoñible non exceda de 26.000 euros en tributación individual nin de 37.000 euros en tributación conxunta.
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible.
-
-
O 20% co límite de 1.000 euros en caso de arrendamento de vivenda habitual por contribuíntes con residencia en concellos en risco de despoboamento, sempre que concorran os seguintes requisitos:
-
Que a base impoñible non exceda de 35.000 euros en tributación individual nin de 45.000 euros en tributación conxunta.
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible.
-
-
O 20% co límite de 1.000 euros en caso de arrendamento de vivenda habitual por mozos de ata 35 anos cando se cumpran os seguintes requisitos:
-
Que a base impoñible non exceda de 26.000 euros en tributación individual nin de 37.000 euros en tributación conxunta.
- Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible.
-
Esta dedución só poderá ser aplicada por quen figuren como arrendatarios no contrato de arrendamento.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución ratearase entre eles por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
Formalización
-
Importe satisfeito pola persoa que consta como titular no contrato de arrendamento.
No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.
-
Indicará a situación da vivenda seleccionando a clave correspondente.
-
Deberá indicar o NIF do arrendador, se este non reside en España e non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia e indicará a situación en que se encontre o inmoble seleccionando para iso a clave correspondente.
O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B8 da declaración.