10.3.7. Para familias numerosas
Contía
Os contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, a data de devindicación do imposto, ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais, terán dereito a unha dedución de:
-
1.000 euros para familias numerosas de categoría xeral.
Equipásense ás familias numerosas de categoría xeral, aos efectos desta dedución, as familias que a data de devindicación do imposto estean constituídas por un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns. Neste suposto só terá dereito a esta dedución o contribuínte cuxa base impoñible non resulte superior a 35 000 euros en tributación individual nin a 45 000 euros en tributación conxunta.
-
2000 euros para familias numerosas de categoría especial.
Requisitos e condicións
-
As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.
-
A dedución unicamente resultará aplicable nos supostos de convivencia do contribuínte co resto da unidade familiar.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais, aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de devindicación do imposto.
Formalización
Indicarase a través dunha xanela de captura de datos a seguinte información:
-
No caso de matrimonios, cando a dedución corresponda a ambos os dous cónxuxes, marcará na columna "Común" a categoría de familia numerosa de que forme parte ou indicará que se trata de familias constituídas por un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns.
-
Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual marcará na columna "Do Titular "a categoría de familia numerosa á que pertence ou indicará que se trata de familias constituídas por un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns, Adicionalmente, consignará o número de persoas que teñen dereito á dedución:"1" cando só poida aplicara o titular seleccionado; "2" cando poidan aplicara dúas persoas, etc.