Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.4.11. Para declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición

Contía

Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa minusvalía:

  • 88 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

  • 165 euros en caso de minusvalía física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 %.

  • 165 euros en caso de minusvalía psíquica de grao igual ou superior ao 33 %.

Requisitos e condicións

  • A base impoñible total non poderá superar os 52.800 euros no caso de tributación conxunta e os 33.000 euros no de tributación individual.

  • No caso de que o cónxuxes tributen de forma individual e teñan dereito á aplica­ción do mínimo familiar por descendentes, cada un terá dereito a aplicarse integramente a dedución.

    Tamén resulta aplicable a dedución pola discapacidade do cónxuxe, ao for­mar parte da unidade familiar, con independencia de que este último o aplique na súa propia declaración.

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá reflectir de maneira separada, en función do grao de discapacidade, o número de persoas polas que pode aplicar a dedución na declaración do titular e o número de persoas polas que os diferentes titulares poden aplicar a dedución en declaración conxunta.