10.4.15. Por arrendamento de vivenda no territorio das Illes Balears derivadas do traslado temporal de residencia por motivos laborais
Contía
Os contribuíntes poderán deducirse o 15% dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de renda de alugamento de vivenda por razón do traslado temporal da súa illa de residencia a outra illa do arquipélago balear no ámbito dunha mesma relación laboral por conta allea.
O importe máximo anual desta dedución será de 440 euros
Requisitos
-
Que se trate dun arrendamento dun inmoble destinado a vivenda e ocupado efectivamente polo contribuínte.
-
Que se constituíse o depósito da fianza a favor do Instituto Familiar da Vivenda.
-
Que a base impoñible total non supere os 33.000 euros en tributación individual e os 52.800 en tributación conxunta.
-
Que o contribuínte identifique o arrendador na autoliquidación do IRPF.
-
Que o contribuínte poida xustificar documentalmente o gasto satisfeito e o resto de requisitos esixibles para a dedución.
- Que o traslado temporal non exceda os tres anos de duración.
Formalización
-
Importe satisfeito.
No caso de matrimonio se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución se cumpre os requisitos para ter dereito á mesma. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe, que sexa o titular do contrato e que cumpra os requistos, poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento.
- NIF do arrendador, se este non reside en España e non ten NIF español deberá indicar o Número de Identificación do País de residencia.