10.4.18.Por determinadas subvencións e axudas outorgadas por razón dunha declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil
Dedución para os contribuíntes que declaren na base impoñible xeral rendementos correspondentes a subvencións ou axudas públicas otorgandas pola Comunidade autónoma das Illes Balears por razon de danos causados por emerxencias que, de acordo co artigo 23 da Lei 17/2015 do sistema Nacional de Protección Civil, fosen declaradas polo Consello de ministros como zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil.
O importe desta dedución será o resultado de aplicar o tipo medio de gravame ao importe da subvención, na base liquidable.
Formalización
Deberá incluír, no recadro habilitado para ese fin, as cantidades declaradas como subvencións na base impoñible xeral.