10.4.6. Por doazóns a determinadas entidades destinadas á investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación
Contía
Poderase deducir o 25% das doazóns monetarias que se realicen no período impositivo, co límite do 15 %da cota íntegra autonómica, destinadas a financiar a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación a favor de calquera das seguintes entidades:
-
A Administración da Comunidade Autónoma das Illes Balears ou as entidades instrumentais que dependen da mesma cuxa finalidade esencial sexa a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación.
-
A Universidade das Illes Balears.
-
As entidades sen finalidade lucrativa a que fan referencia os artigos 2 e 3 da Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, desde que a fin exclusiva ou principal que persigan sexan a investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación, no territorio das Illes Balears, e estean inscritas no Rexistro de fundacións da Administración da Comunidade Autónoma das Illes Balears.
- As entidades parcialmente exentas do imposto sobre sociedades a que se refire 9.3 da Lei 27/2014 do 27 de novembro do Imposto sobre Sociedades.
A efectividade das doazóns en cada período impositivo deberá acreditarse mediante un certificado da entidade donataria.
Así mesmo, nos casos do punto 3, a aplicación da dedución esixe que a consellaría competente en materia de investigación, desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou innovación, declare, mediante unha resolución, que a entidade donataria verifica os requisitos que establece o citado punto 3.
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o importe satisfeito con dereito a dedución.