10.4.7. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural
Contía e requisitos
-
Os contribuíntes poderán deducir o 15% das contías en que se valoren as doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e das contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración efectuada de acordo co que se dispón na Lei 3/2015, do 23 de marzo, polo que se regula o consumo cultural e o mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico.
O límite da dedución é de 660 euros por exercicio tanto en tributación individual como en conxunta. No caso de que a cesión de uso ou o contrato de comodato teña unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.
Só poderán aplicar esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible total non supere os 52.800 euros en tributación conxunta e os 33.000 euros en tributación individual.
-
Os contribuíntes poderán deducir o 25% das contías das doazóns monetarias ou do valor do resto de doazóns e modalidades a que se refieren o apartado anterior cando o beneficiario do mecenado sexa a Administración da comunidade autónoma das Illes Balears ou calquera das entidades instrumentais a que fai referencia a letra b) do artigo 4.1 da mesma Lei 3/2015 e o proxecto ou a actividade cultural obxecto do mecenado constitúa un proxecto propio da Administración da comunidade autónoma ou das súas entidades instrumentais.
O límite máximo da dedución aplicable será de 1.200 por exercicio. Se a cesión de uso ou o contrato de comodato ten unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.
Base da dedución por cesións de uso ou contratos de comodato
A base será o importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración da cesión de uso ou contrato de comodato, o 4 % á valoración do ben efectuado pola Comisión de Valoración do Patrimonio Histórico, e determinarase proporcionalmente ao número de días que corresponda en cada período impositivo.
No caso de que se trate de locais para a realización de proxectos ou actividades científicas ou de desenvolvemento tecnolóxico, aplicarase o 4 % ao valor catastral, proporcionalmente ao número de días que corresponda de cada período impositivo.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible, respecto das mesmas cantidades investidas, coa dedución por doazóns a determinadas entidades que teñan por obxecto o fomento da lingua catalá.
Formalización
Deberá cubrir de maneira separada:
-
As Doazóns e demais modalidades relativas ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural, agás cesións de uso ou de contratos de comodato de duración inferior ao ano.
En función de quen sexa o beneficiario cubrirá o apartado A) ou o B)
A Base da dedución será:
-
nas doazóns o importe ou valor do doado
-
nas cesións de uso ou contrato de comodato: o 4% da valoración do ben efectuado pola Comisión de valoración do Patrimonio ou o 4% do valor catastral segundo cal sexa o seu caso.
-
-
Cesións de uso ou contratos de comodato de duración inferior ao ano consignará:
-
A base da dedución xa rateada ; é dicir a cantidade que resulte de aplicar o [4 %*(a valoración do ben efectuado pola Comisión de valoración do Patrimonio ou valor catastral segundo cal sexa o seu caso) *Nº días de duración/nº de días do período impositivo].
-
O beneficiario
-
O tempo das cesións cuantificado en número de días.
-