Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.5.12. Por obras de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade

Contía

O 14% das  cantidades  satisfeitas no período impositivo, polas obras ou instalacións de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade.

Requisitos e condicións

  • Para a aplicación desta dedución deberán concorrer os mesmos requisitos esixidos na normativa estatal para a aplicación da dedución por obras e instalacións da vivenda habitual de persoas con discapacidade, segundo redacción vixente a 1 de xaneiro de 2012.

  • Os contribuíntes non perderán o dereito á dedución practicada da cota íntegra autonómica do IRPF polas cantidades satisfeitas por este concepto a pesar de que as vivendas habituais fosen destruídas pola erupción volcánica da Palma, podendo continuar aplicándo esta dedución polas cantidades que puidesen seguir aboando.

Compatibilidade

Sobre un mesmo ben non pode aplicarse máis dunha dedución autonómica aínda que non sexa un único importe o que as orixine. O contribuínte poderá elixir a que desexa aplicar.

Limite conxunto da dedución

A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas "Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural”, "Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" e "Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade" non poderá exceder o 15% da cota íntegra autonómica.

Formalización

Deberá consignar as cantidades satisfeitas con dereito a dedución.