Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

10.6.9. Por gastos de gardaría

Contía

O 15% dos gastos de gardaría dos fillos ou adoptados menores de tres anos.

Límites

300 euros anuais por cada fillo menor de tres anos. Se o fillo cumpre 3 anos durante o exercicio, a dedución pode aplicarse ata o día en que cumpra esa idade, rateandose as cantidades satisfeitas no mes en que se produza esa circunstancia.

Requisitos e condicións

  • Que a base liquidable do período minorado no  mínimo  persoal e familiar sexa inferior a 22.946 euros en tributación individual ou a 31.485 euros en tributación conxunta.

  • A dedución soa pode ser aplicada polo proxenitor que satisfaga efectivamente os gastos, con independencia de se existe ou non convivencia co fillo.

  • Se hai máis dun contribuínte con dereito á dedución o importe máximo ratearase segundo os gastos xustificados por cada contribuínte, non podendo superar conxuntamente nin os 300 € nin o 15%.

Base da dedución

A base da dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura e satisfeitas, me­diante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que presten os servizos. Non dará dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante en­tregas de diñeiro en efectivo.

Formalización

O apartado A) cubrirase unicamente no caso de matrimonios con fillos comúns cando ambos os dous proxenitores satisfagan gastos de gardaría polos  devanditos  fillos por partes iguais (lembre que no caso de matrimonios en réxime de gananciais presúmese que o gasto foi satisfeito por ambos os dous aínda cando o aboamento puidese ser realizado só por un deles) e non optasen por unha captura de datos individual.

Cando se cumprimentase este apartado os  datos reflectidos na declaración dun do cónxuxes serán trasladados polo programa á declaración do outro.

No resto de casos, incluídos aqueles en que existindo fillos comúns ao matrimonio os gastos satisfeitos por cada un dos proxenitores non sexan iguais, cubrirase o Apartado B). Adicionalmente indicará se o outro proxenitor ten ou non dereito á dedución e, se o ten o importe satisfeito pola gardaría.

Os gastos non serán trasladados polo programa. Polo tanto, en caso de matrimonios, tanto o declarante coma o cónxuxe terán que reflectiros nas súas respectivas declaracións.