3.3.1. Presentación das declaracións
As declaracións poderán presentarse:
-
Por medios electrónicos, a través de Internet, na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
-
Por medios electrónicos, a través do teléfono, previa solicitude de cita.
-
Nas oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria previa solicitude de cita.
-
Nas oficinas habilitadas polas Comunidades Autónomas, cidades con Estatuto de Autonomía e Entidades Locais.
As declaracións efectuadas a través dos servizos de axuda prestada nas oficinas poderán presentarse directamente nas mesmas para a súa inmediata transmisión electrónica. No caso de declaracións con resultado a ingresar a admisión da presentación estará condicionada a que o contribuínte proceda no devandito acto á domiciliación bancaria da totalidade do ingreso resultante ou do primeiro prazo, se optou polo fraccionamento do pagamento. Tamén se poderá obter o documento de ingreso debendo proceder a efectuar o ingreso no prazo establecido para presentar a declaración.
Os contribuíntes que teñan a súa residencia habitual no estranxeiro e aqueles que se encontren fóra do territorio nacional durante os prazos de presentación poderán presentar a súa declaración e, se é o caso, realizar o ingreso ou solicitar a devolución por medios electrónicos.