3.3.6. Outras modalidades de pagamento
-
Recoñecemento de débeda con imposibilidade de pagamento esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. No momento da presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe total da declaración, e obterá unha clave de liquidación da débeda coa que poderá solicitar o adiamento ou compensación do importe.
-
Recoñecemento de débeda con solicitude de adiamento esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. No momento de presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe total da declaración manifestando a intención de solicitar un adiamento do pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a devandita solicitude de adiamento.
-
Recoñecemento de débeda con solicitude de compensación esta opción só está dispoñible, por Internet, se non elixe fraccionar o pagamento. No momento da presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe total da declaración manifestando a intención de solicitar unha compensación do pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a devandita solicitude.
-
Ingreso parcial e recoñecemento de débeda con imposibilidade de pagamento esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC correspondente ao devandito importe, fornecido polo seu banco ou obtido mediante o Pagamento Telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe polo que desexa recoñecer débeda. No momento presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento, e obterá unha clave de liquidación da débeda. Coa devandita clave de liquidación poderá solicitar co adiamento ou compensación do importe anterior.
-
Ingreso parcial e recoñecemento de débeda con solicitude de adiamento esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC correspondente ao devandito importe, fornecido polo seu banco ou obtido mediante o Pagamento Telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe polo que desexa recoñecer débeda coa intención de solicitar un adiamento. No momento da presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a solicitude de adiamento.
-
Ingreso parcial e recoñecemento de débeda con solicitude de compensación esta opción só está dispoñible, por Internet, se non elixe fraccionar o pagamento. Deberá indicar o importe que desexa pagar (achegando o NRC correspondente ao devandito importe, fornecido polo seu banco ou obtido mediante o Pagamento Telemático de impostos con entidades concertadas) e o importe polo que desexa recoñecer débeda coa intención de solicitar unha compensación. No momento da presentación telemática da declaración recoñecerase unha débeda polo importe pendente de pagamento. Obterá unha clave de liquidación da débeda que deberá utilizar para facer efectiva a solicitude de compensación.
-
Recoñecemento de débeda ou ingreso parcial con solicitude de pagamento mediante entrega de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español.
Esta esta opción só está dispoñible se non elixe fraccionar o pagamento. O pagamento poderá realizarse mediante entrega de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español que estean inscritos no Inventario Xeral de Bens Mobles ou no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural, de acordo co que se dispón no artigo 73 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. O contribuínte que pretenda utilizar este medio de pagamento en especie como medio para satisfacer débedas polo IRPF á Administración deberá seguir o procedemento establecido para ese fin polo artigo 40 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo (BOE do 2 de setembro). Con esta finalidade, o procedemento para a presentación electrónica de autoliquidacións con resultado a ingresar con solicitude de pagamento mediante entrega de bens do Patrimonio Histórico Español regúlase no artigo 10 da Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria. En ningún caso, a presentación electrónica da autoliquidación terá, por si mesma, a consideración de solicitude de pagamento mediante a entrega de bens do Patrimonio Histórico Español.
Para exercer estas opcións desde "Presentar declaración" deberá elixir a opción “Non fraccionado” e seleccionar “Outras modalidades de pagamento” o que lle permitirá realizar a presentación da declaración e proceder a continuación a tramitar a débeda.