Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

7.2.3.7. Rendementos procedentes de rendas que teñan por causa a imposición de capitais

Nas rendas vitalicias ou outras temporais que teñan por causa a imposición de capitais, agás cando fosen adquiridas por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio considerarase rendemento do capital mobiliario o resultado de aplicar a cada anualidade as porcentaxes sinaladas no apartado "Rendementos derivados de contratos de seguro de vida ou invalidez e de operacións de capitalización", para as rendas vitalicias ou temporais, inmediatas derivadas de contratos de seguro de vida.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o importe que se considera rendemento de capital mobiliaria unha vez aplicada á anualidade as porcentaxes que correspondan.

Así mesmo, indicarase neste apartado as retencións practicadas que serán trasladadas polo programa ao recadro 0597 da declaración.