Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

7.4.3.8. Redución para actividades económicas en Lorca e na illa da Palma

  1. Os contribuíntes que desenvolvan unha actividade no termo municipal de Lorca poderán aplicar unha redución do 20 %do rendemento neto de módulos.

    Non obstante, no suposto de ser autorizada de forma individualizada unha redución de signos, índices ou módulos no exercicio  por circunstancias excepcionais, os contribuíntes afectados poderán optar por aplicar a redución aprobada individualmente ou a redución do 20 %.

  2. Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas na Illa da Palma poderán reducir o rendemento neto de módulos correspondentes a tales actividades nun 20 %.