Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

7.5.3.2 Imputacións de rendas por cesión de dereitos de imaxe

As cantidades percibidas directamente polo contribuínte pola cesión do dereito á explotación da súa imaxe ou do consentimento ou autorización para a súa utilización teñen a consideración de rendementos do capital mobiliario, incluso cando as devanditas cantidades sexan satisfeitas pola persoa ou entidade á que o contribuínte presta os seus servizos.

Porén, cando as devanditas retribucións se perciban por persoas ou sociedades cesionarias do dereito á explotación da imaxe ou do consentimento ou autorización para a súa utilización, xorde o  réxime especial de imputación de rendas pola cesión do dereito de imaxe.

Cubrirán este apartado os contribuíntes polo IRPF que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que cedesen o dereito á explotación da súa imaxe ou consentisen ou autorizado a súa utilización a outra persoa ou entidade, residente ou non residente  denominada primeira cesionaria.

    Para os efectos do que se dispón neste parágrafo, será indiferente que a cesión, consentimento ou autorización tivese lugar cando a persoa física non fose contribuínte.

  2. Que presten os seus servizos a unha persoa ou entidade no ámbito dunha relación laboral (persoa ou entidade empregadora).

  3. Que  a persoa ou entidade coa que o contribuínte manteña a relación laboral, ou calquera outra persoa ou entidade vinculada con elas nos termos do artigo 18 da LIS obtivese, mediante actos concertados con persoas ou entidades residentes ou non residentes a cesión do dereito á explotación ou o consentimento ou autorización para a utilización da imaxe da persoa física  denominada segunda ou última cesionaria.

  4. Que os rendementos do traballo obtido no período impositivo polo contribuínte titular do dereito de imaxe sexan inferiores ao 85 %da suma dos citados rendementos máis a total contraprestación a cargo da persoa ou entidade coa que o contribuínte mantén a relación laboral e que obtivo a cesión dos dereitos de imaxe.

  1. Formalización