Outras ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais
Con carácter xeral, incluiranse neste apartado, as ganancias e as perdas que non deriven da transmisión de elementos patrimoniais.
O importe percibido consignarase no recadro correspondente á axuda ou subvención.
Incluirase:
-
no recadro 0303 as axudas públicas ao alugamento.
-
no recadro 0356 a axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio.
-
no recadro 0323 o bono cultural mozo. Consignará o importe utilizado na adquisición de produtos e servizos culturais pois é a utilización do bono o que dá lugar a unha ganancia patrimonial que se imputará ao período impositivo en que se realicen as adquisicións.
-
no recadro 0304 por exemplo, os xuros de mora abonados pola Axencia Tributaria ou por outra Administración Pública ao efectuar unha devolución de ingresos indebidos.
-
no recadro 0305 por exemplo, a devolución dunha subvención recibida para a adquisición dunha vivenda de protección oficial, como consecuencia de incumprir o requisito de non vender a vivenda nun determinado prazo.
As ganancias patrimoniais derivadas de axudas públicas imputaranse ao período impositivo en que teña lugar o seu cobramento.
Non obstante, as axudas que se indican a continuación poden imputarse por cuartas partes, no período impositivo en que se obteñan e nos 3 seguintes:
-
As axudas incluídas no ámbito dos plans estatais para o acceso por primeira vez á vivenda en propiedade, percibidas polos contribuíntes mediante pagamento único en concepto de Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE).
-
As axudas públicas percibidas como compensación polos defectos estruturais de construción da vivenda habituais e destinadas á súa reparación.
-
As axudas públicas outorgadas polas Administracións competentes aos titulares de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español inscrito no Rexistro xeral de bens de interese cultural a que se refire a Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e destinadas exclusivamente á súa conservación ou rehabilitación.
-
As axudas públicas para a primeira instalación de mozos agricultores previstas no Marco Nacional de Desenvolvemento Rural de España que se destinen á adquisición dunha participación no capital de empresas agrícolas societarias.
O programa permite, para cada unha das axudas recollidas nos puntos anteriores, consignar un máximo de dúas axudas.
Para a formalización diferenciará as percibidas en 2023 das cobradas nos anos anteriores.
-
Para as subvencións percibidas en 2023 consignará o importe total da subvención e se o criterio de imputación, que pode ser distinto para cada unha de dúas axudas que permite reflectir o programa, é por cuartas partes marcará o recadro correspondente.
-
Para as subvencións percibidas en anos anteriores, cando optase por imputaras por cuartas partes, indicará o ano en que percibiu a axuda e o importe total. O importe imputable a 2023 (a cuarta parte do importe total) calcularao o programa.
Se opta por imputar as ganancias patrimoniais por cuartas partes picando na icona "Máis info" que se encontra a continuación do recadro 0298 ábrese unha xanela en que se visualizarán a información relativa ao tipo de axuda percibida, o ano de obtención, o importe da axuda, o importe aplicado no exercicio e a pendente para exercicios futuros.