Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

Operacións a prazo

Considéranse operacións a prazos ou con prezo adiado aquelas cuxo prezo se perciba, total ou parcialmente, mediante pagamentos sucesivos, sempre que o período transcorrido entre a entrega ou a posta a disposición e o vencemento do último prazo sexa superior ao ano.

No caso de operacións a prazos ou con prezo adiado, o contribuínte poderá optar por imputar proporcionalmente as rendas obtidas en tales operacións, a medida que se fagan esixibles os cobramentos correspondentes. 

O exercicio desta opción débese efectuar elemento por elemento marcando para iso o recadro habilitado para ese fin. 

Adicionalmente indicará a parte do importe de transmisión cobrada no ano e cubrirá os recadros correspondentes ao número de anos en que vai cobrar (excluído o do presente exercicio), o ano en que vai recibir o último pagamento, o ano en que percibirá os pagamentos pendentes (ata un máximo de 4) e o importe que hai que cobrar en cada un deles . (Se o número de anos fose superior a 4 os importes pendentes de cobramento reflectiranse no recadro habilitado a este fin).

Picando na icona  "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará para cada ben ou dereito o nº de anos de cobramento pendente, o último ano de cobramento, os anos en que se vai a imputar a ganancia, o importe que hai que percibir en cada ano e as ganancias pendentes de imputación.