Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.1.4. Compensacións de partidas negativas na base impoñible do aforro

As partidas negativas procedentes de exercicios anteriores pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2023 poden ser:

  • Saldos negativos de rendementos do capital mobiliario de 2019, 2020, 2021 e 2022 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2023, a integrar na base impoñible do aforro.

  • Saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2019, 2020, 2021 e 2022 pendentes de compensación a 1 de xaneiro de 2023, a integrar na base impoñible do aforro.

1º. Compensaciσn das partidas negativas pendentes de exercicios anteriores co seu respectivo saldo positivo de rendementos ou de ganancias e perdas do exercicio

  • O saldo positivo de rendementos do capital mobiliario do exercicio 2023, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación de perdas patrimoniais correspondentes ao exercicio 2023, poderase compensar co saldo dos rendementos negativos do capital mobiliario pendentes de compensación dos exercicios 2019, 2020, 2021 e 2022.

  • O saldo positivo de ganancias e perdas do exercicio 2023, unha vez minorado o devandito saldo pola compensación do saldo negativo, se o houbese, de rendementos de capital mobiliaria obtidas no exercicio 2023, poderase compensar co saldo das Perdas pendentes de compensación dos exercicios 2019, 2020, 2021 e 2022.

En ningún caso efectuarase a compensación fóra do prazo de catro anos, mediante a acumulación a saldos netos negativos ou a perdas patrimoniais de exercicios posteriores.

2º. Compensaciσn do resto dos saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria e de ganancias e perdas pendentes de exercicios anteriores non compensados

  • Se houbese saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria dos exercicios 2019, 2020, 2021 e 2022 que non se compensasen segundo o indicado anteriormente, poderanse compensar co saldo positivo restante, se o houber, de ganancias patrimoniais do exercicio 2023 ata o límite do 25 %do citado saldo positivo.

    Esta compensación canda a dos saldos negativos de rendementos de capital mobiliaria de 2023 non poderá superar conxuntamente o límite do 25 %do saldo positivo de ganancias e perdas de 2023.

  • Se houbese saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais dos exercicios 2019, 2020, 2021 e 2022 que non se compensasen, en cuxo caso, poderanse compensar co saldo positivo restante, se o houber, de rendementos do capital mobiliario do exercicio 2023, ata o límite do 25 %do citado saldo positivo.

    Esta compensación canda a dos saldos negativos de ganancias e perdas de 2023 que se compensen co saldo positivo de rendementos de capital mobiliaria de 2023 non poderá superar conxuntamente o límite do 25 %do saldo positivo de rendementos de capital mobiliaria de 2023 antes de compensacións.

Picando na icona "Máis info" que se encontra a continuación do recadro 0460 ábrese unha xanela en que se visualizará a información relativa aos saldos negativos de ganancias e perdas patrimoniais e os saldos negativos dos rendementos do capital mobiliario pendentes de aplicación ao principio do período, as cantidades que se aplican nesta declaración, e os saldos pendentes de compensación nos 4 exercicios seguintes.