Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.2.2.7.Formalización

  1. Excesos pendentes de reducir

    Os contribuíntes que non puidesen reducir a totalidade das achegas, directas ou imputadas, realizadas nos exercicios 2018 a 2022 por superar o límite máximo de redución fiscal establecido en cada un deles , e que solicitasen poder reducir o exceso dentro dos cinco exercicios seguintes, cubrirán, en caso de non constar, no recadro correspondente da xanela de captura de datos o importe dos devanditos excesos.

    As reducións por achegas e contribucións aos sistemas de previsión social teñen un límite máximo conxunto que aplicará o programa.

    A imputación do exceso realizarase respectando os límites establecidos na Lei do Imposto.

  2. Achegas e contribucións do exercicio 2023

    A través dunha xanela de captura de datos consignará se non constasen:

    • As achegas realizadas directamente polo declarante distinto ás que se teñan que consignar nos recadros correspondentes ás achegas efectuadas pola empresa que derivan dunha decisión do traballador e ás achegas do traballador ao plan de pensións de emprego, mutualidade de previsión social ou plan de previsión social empresarial.

    • As achegas efectuadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador.

      Este dato debe coincidir co reflectido no recadro 24 do apartado de rendementos do traballo. Se o tivese que rectificar tamén deberá modificar o do citado recadro.

    • Consignará as achegas que o traballador realiza ao plan de pensións de emprego, mutualidade de previsión social ou plan de previsión social empresarial, sempre que se efectuasen contribucións empresariais.

    • Contribucións empresariais a sistemas de previsión social, agás as realizadas a seguros colectivos de dependencia e as achegas de empresarios individuais a sistemas de previsión social.

      Este dato debe coincidir co reflectido no recadro 8 do apartado de rendementos do traballo. No caso de que o tivese que rectificar tamén deberá modificar o do citado recadro.

    • As achegas de empresarios individuais a plans de pensións de emprego ou a mutualidades de previsión social, de que sexa promotor e ademais partícipe ou mutualista, ou a plans de previsión social empresarial ou seguros colectivos de dependencia de que sexa tomador e asegurado.

    • As contribucións a seguros colectivos de dependencia imputada reflectiranse na xanela de captura de datos de rendementos de traballo e o programa trasladaraas a este apartado da declaración. Polo tanto, tivese que rectificar este dato a modificación realizarase no apartado de rendementos do traballo, no recadro 0009.

    • O NIF do plan de pensioens do sistema de emprego.

Picando na icona "Máis info" ábrese unha xanela en que se visualizará de maneira diferenciada os excesos non reducidos dos exercicios 2018 a 2022 correspondentes ás achegas e contribucións empresariais a sistemas de previsión social e, ás contribucións empresariais a seguros colectivos de dependencia.

Para cada exercicio mostrarase a información relativa ás cantidades pendentes de aplicar ao principio do período, as aplicadas no exercicio e os importes pendentes de aplicar en exercicios futuros.