Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.2.5.1.Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar os seguintes datos: 

  • NIF do titular con discapacidade do patrimonio protexido ao que se realizasen as achegas.

  • Excesos pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2019 a 2022.

    Os contribuíntes que solicitasen nas devanditas declaracións poder reducir o exceso nos catro exercicios seguintes, farán constar neste recadro o importe que, estando pendente de aplicación por este concepto, proceda aplicar na declaración do exercicio 2023.

  • Achegas realizadas en 2023 ao patrimonio protexido da persoa con discapacidade.

  • Conxunto de achegas, e excesos pendentes de redución, de todos os aportantes ao mesmo patrimonio protexido, con dereito a ser reducidas no ano 2023, cando excedan de 24.250 euros anuais. 

  • Para unha correcta formalización deste último apartado deberá ter en conta os seguintes exemplos:

    1. Dous contribuíntes realizan achegas ao patrimonio protexido do seu fillo, por 15.000 euros cada un. Non se debe cubrir o recadro pois o importe total con dereito a ser reducido no ano, 20.000 euros (10.000 euros por contribuínte) é inferior a 24.250 euros.

    2. Tres contribuíntes realizan achegas ao patrimonio protexido dun familiar. Cada un deles achega 15.000 euros. Si se debe cubrir este recadro pois o importe total con dereito a ser reducido, 30.000 euros (10.000 euros por contribuínte) é superior a 24.250 euros. Deberase pór no recadro a cantidade de 30.000 euros.

Picando na icona "Máis info"ábrese unha xanela en que se visualizará os excesos non reducidos correspondente aos exercicios 2019 a 2022.

Para cada exercicio mostrarase a información relativa ás cantidades pendentes de reducir ao principio do período, as aplicadas no exercicio e os importes pendentes de aplicar en exercicios futuros.