Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2023

8.7.7.2. Dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos

  1.  Por ser un ascendente separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos e polos que teña dereito á totalidade do mínimo por descendentes terá dereito a unha dedución de ata 1.200 euros.

  2. Terán dereito á dedución:

    • Os contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa (colectivo 1).

    • Os contribuíntes que perciban prestacións contributivas  e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas (colectivo 2).

  3. A dedución aplicarase proporcionalmente ao número de meses en que se cumpran de forma simultánea os requisitos previstos para aplicara.

    Para os efectos do cómputo do número de meses para o cálculo do importe da dedución a alta na Seguridade Social ou Mutualidade alternativa entenderase cumprido cando esta situación se produza en  calquera día do mes e, no caso das prestacións do sistema de protección de emprego cando se perciban en calquera día do mes.

  1. Formalización
  2. Para máis información: Asistente Virtual de Renda