Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.11.22. Polas axudas recibidas polas persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985

A Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG do 31 de decembro de 2025) incorpora - con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2023 - unha dedución polas axudas recibidas polas persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985.

Contía

O contribuínte que integre na base impoñible xeral o importe correspondente á axuda pública destinada ás persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985 poderá aplicar unha dedución cuxo importe será o que resulte de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da axuda pública na base liquidable.

Formalización

Para incorporar esta dedución á declaración que presentou polo IRPF2024 terá que presentar por Renda Web unha autoliquidación rectificativa correspondente a ese exercicio. A modificación da declaración presentanda pode facera desde a seguinte ligazón:  

Modificación dunha declaración presentada. Exercicio 2024.

Para facilitar a presentación, na devandita ligazón, poderá consultar os pasos que hai que seguir nos exemplos de autoliquidación rectificativa cun menor importe a ingresar ou dunha autoliquidación rectificativa a devolver tendo en conta que, en ambos os dous casos, o primeiro paso: modificar datos farase na declaración individual do contribuínte que ten dereito á dedución.

Para iso terá que acceder a "Apartados de declaración", seleccionar " Deducións autonómicas" e no recadro:  "Polas axudas recibidas polas persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985" consignar o importe da axuda pública integrada na base impoñible xeral. O importe da dedución reflectirase no recadro 1038 "Outras deducións".