10.14.24. Por adquisición de determinados vehículos eléctricos novos
Contía
O 15% das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición de vehículos eléctricos novos.
Esta dedución soa poderá aplicarse a un vehículo por persoa e no período impositivo no que se matricule o vehículo cuxa adquisición xera o dereito a aplicar a dedución.
Requisitos
-
Ten que tratarse de vehículos non afectos a actividades económicas do adquirente.
-
O importe de adquisición do vehículo non pode superar os 50.000 euros.
-
Os vehículos teñen que pertencer a algunha das seguintes categorías:
-
Furgonetas ou camións lixeiros N1, vehículos para o transporte de mercadorías cuxa masa máxima non sexa superior a 3,5 toneladas.
-
Ciclomotores L1e, vehículos de dúas rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Triciclos L2e, vehículos de tres rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.
-
-
Cando o vehículo adquirido pertenza á categoria N ten que tratarse dalgún dos seguintes tipos:
-
Vehículos eléctricos propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles fósiles alternativos homologados como GLP / autogas, GNC Gas natural comprimido, GNL/ Gas natural licuado ou bifuel gasolina-gas.
-
Eléctricos puros BEV
-
Eléctricos de autonomía estendida REEV, propulsados totalmente mediante motores eléctricos.
-
-
Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorías L e bicicletas eléctricas deben estar propulsados exclusivamente por motores eléctricos, e estar homologados como vehículos eléctricos.
-
As bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico deberán ter baterías de litio e cumprir coas prescricións das normas harmonizadas que resulten de aplicación e en particular a Norma UNE-EN 15194:2009.
Límite máximo da dedución
O importe máximo deducible por declaración será de 300 euros agás para as bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico que será de 225 euros.
Formalización
Deberá incluír, dentro de cada categoría, o importe satisfeito na adquisición do vehículo.
O importe desta dedución reflectirase no recadro doutras deducións.