Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.10.17. Para contribuíntes que trasladen a súa residencia habitual a Extremadura

Contía

O 50% da cota íntegra autonómica no período impositivo en que se produza o traslado e nos dous exercicios seguintes.

A porcentaxe elévase ao 75% da cota íntegra autonómica no caso de contribuíntes que teñan menos de 36 anos á data da devindicación. No exercicio ou exercicios en que non  se cumpra o requisito de idade, o porcentaxe de dedución aplicable será o xeral do 50 %.

En tributación conxunta, o requisito de idade deberá cumpriro o contribuínte que traslade a residencia a Extremadura.

Requisitos e condicións

  • O traslado de residencia a Extremadura deberase producir a partir do 1 de xaneiro de 2025 e a residencia deberase manter de maneira continuada durante polo menos tres anos desde que se produza o cambio.

    O requisito de permanencia non se entenderá incumprido no caso de falecemento do contribuínte.

  • Entenderase que se produce o traslado da residencia habitual cando o contribuínte pase a ter a súa residencia habitual en Extremadura nos termos previstos na Lei de IRPF ou norma que a substitúa.

    En caso de tributación conxunta, cando os contribuíntes integrados nunha unidade familiar tivesen a súa residencia habitual en Comunidades Autónomas distintas poderán aplicarse esta dedución sempre que se traslade a Extremadura o membro da devandita unidade familiar con maior base liquidable de acordo coas regras de individualización de imposto.

  • En caso de incumprimento dos requisitos establecidos, o contribuínte deberá regularizar as deducións previamente practicadas nos termos establecidos na normativa vixente do IRPF.

Formalización

Se ten dereito á dedución marcará o recadro habilitado con esa fin.

Se é o membro da unidade familiar con maior base liquidable marcará o recadro correspondente.