Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2025

10.11.21. Polo arrendamento de vivendas baleiras

Contía

Os contribuíntes propietarios ou usufrutuarios de vivendas baleiras poderán aplicar unha dedución de 500 euros por vivenda.

Requisitos e condicións

  1. Os inmobles teñen que estar radicados en Galicia.

  2. A dedución aplicarase no primeiro o primeiro período impositivo en que se poña en arrendamento a vivenda.

  3. A dedución soa resultará aplicable ao arrendamento de vivenda que recae sobre unha edificación habitable cuxo destino primordial é satisfacer a necesidade permanente de vivenda do arrendatario sempre que:

    1. O inmoble leve baleiro durante, polo menos, un ano anterior á formalización do contrato de arrendamento de vivenda.

      Entenderase que un inmoble se encontra baleiro cando non estea habitado, arrendado, en uso, nin afecto a actividades económicas.

    2. O prezo mensual do alugamento da vivenda, incluídos os seus anexos, non supere os 700 euros.

    3. O arrendatario da vivenda non sexa o cónxuxe nin un parente, por consanguinidade ou por afinidade, ata o terceiro grao inclusive, do contribuínte.

    4. O contribuínte non sexa propietario ou usufrutuario de máis de tres vivendas, con independencia de onde estean estas radicadas, que poidan ser destinadas ao arrendamento, excluídos garaxes e rochos e sen ter en conta a súa vivenda habitual.

  4. O arrendamento deberá ter unha duración efectiva de polo menos tres anos.

    Non se perderá o dereito á dedución no caso de que a duración do arrendamento sexa inferior a tres anos, sempre que a vivenda pase a estar en situación de expectativa de alugamento e volva ser obxecto dun novo contrato de arrendamento de vivenda dentro do prazo máximo de seis meses desde a finalización do anterior contrato, e que a suma dos períodos de duración de ambos os dous contratos de arrendamento sexa igual ou superior a tres anos.

  5. O importe da dedución ratearase en función da porcentaxe de participación na propiedade ou no usufruto.

  6. Se o contribuínte non puidese aplicar a dedución na súa totalidade por insuficiencia de cota, poderá deducirse a cantidade non deducida nos catro exercicios seguintes ata o seu esgotamento, sempre que a vivenda continúe arrendada durante ese período cos mesmos requisitos do apartado 3, a excepción do recollido no parágrafo a.

Formalización

Para cada vivenda reflectirá a porcentaxe de participación na propiedade ou no usufruto e a referencia catastral. Se o inmoble non tivese referencia marcará o recadro habilitado con esa fin.

A información será trasladada polo programa ao anexo B.13 da declaración.