10.13.10. Por contribuíntes con discapacidade
Contía
Os contribuíntes que teñan acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %terán dereito a aplicar unha dedución de 150 euros.
Requisitos
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode ser superior a 40.000 euros tanto en tributación individual ou en conxunta.
Formalización
A dedución xerarase automaticamente polo programa cando se cumpran os requisitos para ter dereito á mesma.