10.13.22. Por gastos asociados á práctica do deporte e actividades saudables
Contía
O 30% das cantidades satisfeitas no período impositivo en gastos asociados aos servizos relativos ao exercicio físico e á práctica deportiva seguinte: os prestados en ximnasios e centros deportivos, polas cotas de pertenza ás federacións deportivas, por servizos de adestramento prestado por técnicos e adestradores deportivos e pola práctica de pilates e ioga.
As cantidades satisfeitas por maiores de 65 anos polos servizos citados no parágrafo anterior darán dereito a unha dedución do 100%.
En ningún caso integraranse na base desta dedución as cotas estatutarias periódicas abonadas a entidades ou clubs sociais ou entidades deportivas sen ánimo de lucro.
Esta dedución terá un límite máximo anual de 150 euros por contribuínte.
Requisitos e condicións
-
A suma da base impoñible xeral e do aforro non pode superar os 25.000 euros en tributación individual nin os 40.000 euros en tributación conxunta.
-
Os desembolsos poderán ir destinados a actividades desenvolvidas polo contribuínte, o seu cónxuxe e aquelas persoas que dean dereito á aplicación dos mínimos familiares por descendentes e ascendentes
-
As cantidades satisfeitas teñén quese xustificar con factura, que deberá cumprir as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e manterse durante o prazo de prescrición.
Formalización
Consignará por cada prestador do servizo o importe anual satisfeito que corresponda a desembolsos destinados a actividades desenvolvidas polo contribuínte, o seu cónxuxe e aquelas persoas que dean dereito á aplicación dos mínimos familiares por descendentes e ascendentes e o NIF do prestador do servizo.
No caso matrimonio en gananciais o importe do gasto ratearase por partes iguais e, no resto dos casos cada contribuínte poderá deducirse polas cantidades que satisfixese.
O programa trasladará os datos ao Anexo B.14 da declaración.