10.13.27. Por gastos na instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos
Contía
O 100% da base da dedución.
Requisitos e condicións
-
A dedución poderá aplicarse por unha única infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos por contribuínte e período impositivo. O vehículo deberá destinarse ao uso particular.
-
A instalación deberá realizarse nun predio propiedade do contribuínte ou no seu garaxe comunitario. Non dará dereito á dedución as instalacións en predios de que o contribuínte sexa usufrutuario.
-
O investimento deberase xustificar mediante a achega da correspondente factura.
-
A dedución practicarase no período impositivo en que se emita a factura.
-
A titularidade e o funcionamento da instalación deberá manterse durante polo menos dous anos a partir da súa posta en marcha agás falecemento do contribuínte.
-
Se hai máis dun contribuínte que aboe cantidades pola mesma infraestrutura a dedución ratearase por partes iguais no caso de matrimonios en gananciais e, en función das cantidades satisfeitas no resto de supostos.
-
No caso de que o importe da dedución non poida aplicarse na súa totalidade no período impositivo da realización do investimento, por insuficiencia da cota íntegra autonómica, a cantidade restante poderá ser aplicada, como máximo, nos tres períodos impositivos posteriores.
Base da dedución
As cantidades satisfeitas para a instalación da infraestrutura de recarga, incluídos os gastos e tributos inherentes á mesma, minorada coas subvencións ou axudas públicas percibidas.
Non obstante, formarán parte da base da dedución os custos que resulten subvencionables segundo o “Programa de incentivos 2” do Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas as comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo.
No caso de matrimonios en réxime de gananciais os importes satisfeitos entenderanse atribuídos ao cónxuxes por partes iguais.
O límite máximo da base da dedución é de 4.000 euros por infraestrutura de recarga e contribuínte.
Formalización
Consignará o importe satisfeito con dereito á dedución, a referencia catastral do inmoble, se o inmoble non tivese referencia catastral marcará o recadro habilitado con esa fin e a suma dos importes satisfeitos por todos os titulares da infraestrutura de recarga.